Estamos situados en Galicia, no pobo de Cea (San Cristovo de Cea), pobo famoso polo seu pan (pan de Cea). Dedicámonos á moenda de trigo do país galego en muíños de pedra tradicional.
EMPRESA
Empresa familiar que se iniciou fai máis dun século no noso muíño situado no río Barbantiño (ao seu paso polo Concello de San Cristovo de Cea). Mantemos o noso sistema tradicional de moenda de trigo en pedra.
PRODUTOS
FARIÑA INTEGRAL DE TRIGO DO PAÍS GALEGO. Envase de 25 kg. Sen aditivos.
Obtida da moenda do trigo enteiro en muíño de pedra.
FARIÑA DE TRIGO DO PAÍS GALEGO. Envase de 25 kg. Sen aditivos.
Resultante da moenda de trigo do país en muíño de pedra. Trátase da fariña habitualmente utilizada nos diferentes tipos de pans, entre eles o Pan de Cea, así como na elaboración de empanadas, filloas, pizzas, etc.
CONTACTO
MUIÑOS DE MANUEL GONZÁLEZ RODRÍGUEZ S.L.U.
Estamos situados na RÚA DA SALETA, 11 32130 CEA (SAN CRISTOVO DE CEA, OURENSE)
Teléfono fixo: 988282016
Teléfono móbil: 620746555
Correo electrónico: contacto@muiñosmanuelgonzalezrodriguez.com
Páxina deseñada e desenvolvida por A. Adrián Glez. Pedrouzo (2017-2020)